Rapa das Bestas 2026 ata
INICIO DA VENDA O 1 DE XUÑO
NORMAS DE ACCESO
Os menores de 4 anos entran gratis sempre que non ocupen asento.
Está prohibido fumar.
Está prohibido o acceso ao recinto con bebidas alcohólicas, garrafas de vidro ou qualquer outro utensilio que poda por en perigo as persoas ou a celebración do evento.
Acomodación por orde de chegada. Non se garante asento.
Está prohibida a entrada ao recinto con calquera tipo de animais ou mascotas, con excepción dos cans de asistencia a persoas con discapacidade.
Non se devolven as entradas unha vez adquiridas.
As normas de seguridade reflectidas na entrada son as vixentes no momento da compra.
Rapa das Bestas de Sabucedo 2026
Sabucedo é unha parroquia situada no sur do Concello da Estrada (Pontevedra), cunha extensión de 5,9 km2. Conta cunha sóla entidade de poboación e na actualidade non supera os 60 habitantes. Con todo, en Sabucedo ten lugar una das máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade, e vontade colectiva de todas as que integran o noso legado cultural: A rapa dás bestas de Sabucedo.
A Rapa comeza rememorando o vínculo ancestral dos cabalos co divino. Durante a “misa da alborada” pídese protección a San Lourenzo para os animais e as persoas que participan na festa. A continuación sóbese ao monte en busca dos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupos reunindo as mandas. Finalmente, o sábado, condúcense nun gran cerco á aldea. A parte máis espectacular da festa é o Curro, onde os “ aloitadores” e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo, para inmobilizar ao animal e cortarlle as crines.
HORARIOS
Sábado 4 de Xullo: Curro ás 19:00 h. Apertura de portas ás 18:00 h.
Domingo 5 de Xullo: Curro ás 12:00 h. Apertura de portas ás 11:00 h.
Luns 6 de Xullo: Curro ás 12:00. Apertura de portas ás 11:00 h.
PREZOS
-
SÁBADO 4 e DOMINGO 5
0-4 anos incluidos, entrada de balde.
5-12 anos incluidos, 10 euros.
13 anos en adiante , entrada adulto 15 euros. -
LUNS 6
0-4 anos incluidos, entrada de balde.
5-12 anos incluidos 5 euros.
13 anos en adiante , entrada adulto 10 euros.
SABUCEDO, A Estrada, Pontevedra, España
A service fee of 10 % per order will be added to the order total.